Tod@s contra o Lume! avísache dos lumes detectados nunha zona do teu interese.
Axuda á detección temperá de incendios e facilita a mobilización local mentres
chegan os servizos profesionais de extinción.

COMO FUNCIONA
• Escolle a zona que queres vixiar.
• Recibe notificacións cando se detecta un foco de calor nesa zona.
• Consulta os lumes activos sobre o mapa, coa súa localización e hora.
• Comparte un aviso para mobilizar á xente do teu contorno.

DATOS
Os focos de calor proceden de datos e imaxes de LANCE FIRMS, operado polo
Sistema de Datos e Información de Ciencias da Terra (ESDIS) de NASA/GSFC, con
financiamento de NASA/HQ.

Software libre (GNU AGPL-3.0). Sen anuncios e sen ánimo de lucro: unha
ferramenta comunitaria para previr e responder aos incendios.
