Tod@s contra o Lume! avísache dos lumes detectados nunha zona do teu interese. Axuda á detección temperá de incendios e facilita a mobilización local mentres chegan os servizos profesionais de extinción. COMO FUNCIONA • Escolle a zona que queres vixiar. • Recibe notificacións cando se detecta un foco de calor nesa zona. • Consulta os lumes activos sobre o mapa, coa súa localización e hora. • Comparte un aviso para mobilizar á xente do teu contorno. DATOS Os focos de calor proceden de datos e imaxes de LANCE FIRMS, operado polo Sistema de Datos e Información de Ciencias da Terra (ESDIS) de NASA/GSFC, con financiamento de NASA/HQ. Software libre (GNU AGPL-3.0). Sen anuncios e sen ánimo de lucro: unha ferramenta comunitaria para previr e responder aos incendios.